ás que nom estamos aínda mortas alguém (que nom algo senom alguém)

alguém nos golpea o tórax: nom para saír

 

                      alanca pelas escaleiras que som as costelas no seu espaço paralelo, com os seus dedos

               que som tempo de nengúm relógio de nengumha casa que habitades

porque é umha tactilidade sem fragmentar,

 porque nom é linha

 é círculo é coraçom de criança a devorar o mundo

comprova convulsamente, nom com os olhos que se arrancou logo de ver o sol coma umha ofensa, logo de beber tanto espanto: ela é um dragom cegado,

de cem bocas torpes e sedentas

 

lambe as paredes de músculo e busca

umha pintura de apetecível pel pálida

comprova que toda a opacidade de órganos fica ai,

protegendo-a

 

nasceu sendo já criatura tímida e orfa, com fermosura precoz

nasceu respirando o nosso sangue subversivo, chorando numha língua desconhecida

 

produz prazer gerí-la; fala-nos da linguagem, do putas que som as palavras:

do muito que ansiam sentir,

de como se retorcem com lascívia até que as extirpa da incomodidade dumha gorja em tensom e  arrastra os seus corpos elásticos ao noso sexo ateigado de medos,

de como as amamanta com o seu veleno que diz isto e nada e outras mil cousas que violam o silêncio -o seu baleiro natural

de como as nutre cumha intensidade obsesiva para que decontado nom caibam nos vestidos que herdarom

 

e assim ficam nuas e, de novo,

a sua mirada de fame,

e já nada as sácia nem sequera este texto perdendo-se na sintaxe tornando bosque acantilado em cada pausa que agora ia ser mutilada por um signo e preferiu tragá-lo

 

a elas, ás putas das palavras, antolha-se-lhes que alguém as sinta nas entranhas

(que entranhas?)

e crescem e desgarram a pel da casa,

horrorizando a essa outra do tórax que com os berros, aqui mesmo,

faz estourar a fortaleza para que as putas das palavras retornem a quem as abandonou,

ao silêncio

 

 

 

sabes o que é o autocontrol?

 

-sei que a fera quer viver e quer poesia

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Para R. Nogueira:

de novo, existe a poeta ou só a doenza esencial do homo  mulier  criatura LOQUANS?

Na noite dos corpos é cando os soldados do capital

sitian o leito

cos seus olhos-cráter de odio

e lava incandescente,

pel en escamas forxadas no Hades

 

e acoitelan o cristal de sons herdados

(pois ficamos crisálidas a pesares da negación).

a ameaza é isto:

para uns, patoloxía crónica condutualmente apacíbel

para ELA, contexto ritual ou Neobule (?)

quizais estrutura en priamel,

ou viaxe en hachís á orixe do símbolo do actante gregario.

mais o ESTADO natural da linguaxe

é o CAMBIO,

metamorfose semiótica

para min, reliquia animal,

saída violenta e fuxida da cunca

onde converxe a convención.

O abrolhar do sangue nunha ferida que sabes que nunca o foi

[pensar na mirada estranhada da nena ante a primeira regra],

a cal, polo habitual inerme, ou coa metáfora por escudo, atravesas;

e as fendas da crisálida,

e a folhaxe entre a que pende en seda

e bates de xeonlhos en calquera superficie planetaria;

e non é a paisaxe

nin mar,

nin batalha, nin Musa,

nin heroicidade que tecer;

nalgures os berros de Medea e un arsenal

de filhas famélicas

entrenas o xogo sucio, o movemente perpetuo da literatura

 teimas en alimentar as bocas-ángulo obtuso, hipotenusa pechando

a dimension desconhecida.

en sanalas con versos pedestais

[o espelho que sostinhan destruíuno o antepasado romántico],

con nutritivos artefactos.

pois para o “aquí e agora” toda creación o é;

toda modulación,

críbel dende a idea de liberdade

a beleza alimenta

———————————————————————————–

aínda me preguntas se algo existe?

 

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Deleita-te no meu corpo;

percorrre as dunas e as misérias

que alimentan voitres; devora

os peixes mortos deste perenne

torrente sanguíneo.

 

Deleita-te coa materia.

saberá-che verdadeira esta pel;

creerás nas pernas que navegas

como ao purpúreo mar se aferra

o que del vive.

 

Deleita-te coa amargura;

pide-me que che conte como tornamos

en enredadeira e ábore,

que che relate a fuxida da cidade,

o exilio do mundo

en ti.

 

Deleita-te,

consagra-te á mentira,

que se revela doce polpa,

máxia táctil que nos sobrevive.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Eu son a soberana neste xogo

Profesas

a minha incapacidade para amar,

mais pecas

cando ignoras que me ergo,

sonámbula,

para beberte no papel,

cega da noite e sedenta de atoparme.

 

Pos mordaza,

mordes o meu ventre onde caben

milhóns de litros

de mar.

 

E varios estouridos

de mentiras.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Últimos días en Berlín…

…(e si, adoro a María Lado por trabucarme a cidade)

e un feixe de enxendros dos momentos máis estranhos.

 

Eu fico aquí convosco

para sempre;

 

prometede non extirparme

deste útero

de deusas.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Ía construír un templo, un poema confortable

onde arrolarvos,

minhas próteses.

 

Mais esgotei sangue e tinta;

a incapacidade de non poder inzar a bandeira

que vos merecedes

obrigoume a filtrarvos na folha,

a mastigar canta carne me ofrecedes

e cuspir logo a vosa pedra

incorruptible.

 

Tiven que elixir

entre escribir o verso perfecto

nacido do mar e do vento

ou ser

o vento; un proxectil ardente

contra as miradas inquisidoras do mundo.

 

Non quero elixir!

 

Entre o péndulo das túas cadeiras,

as máis poderosas da Matria,

as que combaten máis acedamente

a norma alhea, a lingua

do opresor.

 

Non quero elixir

 

cal dos trazos élficos

calhou máis fondo na manía

de concebirvos estranhada.

 

Un obxecto exótico,

un baúl para esperanza revolucionaria,

docilmente intocable,

a túa face.

 

(Non quero elixir!)

Entre coser ou non uns olhos

que concentran toda a electricidade

do ceo.

Entre zurcir as beiras das nubes, impedindo

a tormenta

de ver(te)

coma unha nena triste

de pingas,

de bágoas,

de cores.

Tampouco foi decisión consciente

retorcer os meus cara adentro,

invertilos deste xeito cruel:

SACUDIDA-CORTOCIRCUÍTO.

Non quero elixir

entre enchérmonos de merda as gorxas baleiras

ou de poesía, derrotas, alcol

e ficar así de inermes

e ficar así

sen medrar a loucura

(non debemos amamentar este abismo)

entre acadar o límite dos risos absurdos siberianos,

das bocas máis abertas de todo Berlín.

Non quero elexir entre fuxir

ou enterrarme para sempre

baixo a vosa derme…

Se me vou,

repetirei coma unha autómata

“Só recordando o pasado descubro cousas novas”

Ω

FIN

do primeiro ano de inmigrante ilegal en Compostela ou

INICIO

dunha nova luita.

P.S.: o poema é un campo de batalha.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Fuxitiva siberiana:

e chegar ao chan feita pequenos cubiños
de xeo
tan frío que doería nas mans dos que
intentaran recoller o meu corpo esnaquizado […]

S. Fdez. Chaves

 

prometo que tentaría,

coma unha tola coma ti coma unha tola coma ti

suxeitarte entre as minhas coxas

e xemelgos de egua ; 

entre as falanxes faríache un iglú

para que te deconstruíses alí

e te me contruíses

cal holograma-alelí.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Era certo, en Berlín podemos beber toda unha vida nunha soa noite.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Poema ao meu embigo (metade primeira)

Pintaras unha coroa

e un feixe de epítetos

para ela, para cada unha

das sádicas suicidas

da dinastía futura.

Pero ela sería unha tirana

(escura),

danzando con coitelas no teu colo aberto e rugoso,

obreiro;

repenicando cal colibrí enfurecido sen máis pretensións

que a esgazadura última do escenario

ou   pular e morder

coma a cadela de Artaud

o brazo de deus, da patria.

Sangue nas palmas,

a obriga de limpar os despexos da túa nena

tráxica, incómoda co seu nome de loureiro

e coroa

(ou con calquera outro, papá;

ou con calquera outro).

Entre os vasalos retorcíase

convulsa e con pracer,

encartábase coma unha crisálida-cráter pra se lamber

o sexo antes da erupción

no verso;

compracíase sabendo que aninhabas

un monstro no centro do labirinto

e era feliz cando se vía

reflectida nos teus espellos:

“así de cativa”, laiábase

unha

e outra vez

unha

e outra

vez.

Pai:

que eu quérome ínfima nos teus ollos,

que eu

quérome ínfima nos teus ollos.

Publicado en Uncategorized | Etiquetado , , , , , , , | Deixar un comentario

De como Poe precisou volverse tolo para escribir “O gato negro”

A Lois, disculpándome por violentar a súa memoria.

Unha vez sonhei que me suxerirades

contaxiarme de VIH

a través dunha xeringa ou nun contacto

sexual de risco.

Que podería sacar uns cartos versando

cada anémica fase da enfermidade

e, incluso,

converterme nunha sorte

de poeta maldito.

Fíxeno.

Cada lategazo de dor vírica

materializábase en estrofa.

Pagábanme a súa rima en ouro.

Aos poucos,

funme ganhando unha existencia

de bohemia parisino,

sustentando

co lucro da loucura

esta vida, esta morte,

esta vida esta morte vida morte vida morte…

Publicado en Uncategorized | Etiquetado , , , | 1 comentario